Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2017

1. Características do paseo

Imagen
Este paseo discorre ó longo do tramo de vía férrea que quedou fóra de servizo en 1971, cando se fixo unha variante da liña a Madrid que xa non pasaba polo viaduto máis antigo dos dous que cruzan a vila de Redondela, coñecido como de Ourense ou de Monforte. Aquí tendes a ligazón á Wikipedia, con información xeral sobre o viaduto, aquí á documentada entrada dun blog que conta a interesantes curiosidades e datos históricos sobre esta construción, e aquí un fascinante anecdotario sobre as orixes do tren en Redondela. Na imaxe que vedes arriba sinálase de cor vermella o antigo trazado da liña, que atravesaba o viaduto nada máis saír da estación de Redondela. En verde sinálase a liña actual, que evita o viaduto e enlaza coa anterior trazado máis adiante. En azul sinálase un tramo no que o antigo trazado da vía foi invadido pola estrada N-550. A lonxitude total do tramo que quedou en desuso é de 4,6 km, dende o inicio do viaduto, poucos metros despois da estación de Redondela, ata o...

2. Saída da estación de Redondela e viaduto de Ourense ou de Monforte

Imagen
A parte da vía que comunicaba a estación de tren co viaduto está actualmente ocupada por unha cocheira do Concello. Non se pode acceder ó viaduto, a pesar de que recentemente o rehabilitaron para evitar que se desprendesen anacos de ferro. Daquela, esta parte previa do paseo só serve para ter unha visión do punto de partida deste antigo tramo da vía. Paga a pena botarlle unha ollada á magnífica casa con xardín que hai na zona, e que antes vía pasar o tren por diante do seu eido. O acceso ó viaduto Acceso ó viaduto por dentro da aramada.

3. Inicio do paseo, dende o lado sur do viaduto

Imagen
Extremo sur do viaduto, onde comeza o paseo. Aínda se conservan muros de perpiaño no lado da vía. A primeira ponte deste tramo da vía sobre un camiño, de curiosa factura, cun arco no medio, e contrafortes por fóra.

4. Tramo ata o corte da N-550

Imagen
Un paso elevado sobre a vía. Á esquerda un exemplo do retroceso sufrido na construción de muros: dos elegantes perpiaños de pedra do país á praga de muros chafalleiros feitos por un tractor con restos de rosa Porriño. Segundo o relato duns veciños, o asfaltado do "camiño da vía vella" é recente. Nalgúns tramos mesmo houbo que desenterrar o nivel da antiga vía, sepultada baixo escombros. Ó chegar a este punto, aproximadamente na metade do paseo, o espazo da vía foi ocupado pola estrada N-550 para evitar unha curva perigosa. Para continuar o paseo é preciso usar un paso subterráneo.

5. Tramo final

Imagen
Outra ponte da vía sobre un camiño, bonita e perfectamente funcional 141 anos despois. Compárese co muro de rosa Porriño do lado. Máis muro de rosa Porriño, o "eucalipto" urbanístico do noso tempo. Cartel indicativo xa preto do final do paseo (ou do comezo, se se fai dende o outro extremo). Os últimos metros están sen asfaltar. Ata hai poucos anos todo o tramo da antiga vía estaba así ou peor.  A confluencia co novo trazado. Vista cara ó norte. A confluencia co novo trazado. Vista cara ó sur. Ó fondo, o túnel dos Valos.