4. Tramo ata o corte da N-550
Un paso elevado sobre a vía. Á esquerda un exemplo do retroceso sufrido na construción de muros: dos elegantes perpiaños de pedra do país á praga de muros chafalleiros feitos por un tractor con restos de rosa Porriño.
Segundo o relato duns veciños, o asfaltado do "camiño da vía vella" é recente. Nalgúns tramos mesmo houbo que desenterrar o nivel da antiga vía, sepultada baixo escombros.
Ó chegar a este punto, aproximadamente na metade do paseo, o espazo da vía foi ocupado pola estrada N-550 para evitar unha curva perigosa. Para continuar o paseo é preciso usar un paso subterráneo.




Comentarios
Publicar un comentario